jueves, 11 de noviembre de 2010

NORMAS DE COMPETICIÓN (Obligada lectura para os equipos)

LIGA FUTBOL-SALA CONCELLO DE OUTES 2010-2011


REGLAS DO XOGO

Número de xogadores

· O número máximo de xogadores inscritos será 12.
· O partido disputarano dous equipos formados por cinco xogadores en pista, un dos cales exercerá de gardameta.
· Permitirase un número ilimitado de sustitucións durante o partido.
· As sustitucións realizaranse sempre por diante do propio banquillo.
· Un xogador entra na superficie de xogo unicamente cando o xogador sustituido traspasa completamente a liña de banda.
· Si un xogador entra no campo antes de que sala o seu compañeiro será sancionado con Tarxeta Amarela. Reanudarase o xogo cun tiro libre indirecto a favor do equipo contrario.

Equipación

· Todos os xogadores disporán de CAMISETAS IGUAIS e NUMERADAS.
· Os números asignados a cada xogador manteranse durante toda a competición.
· Aquel xogador que non dispoña da súa camiseta numerada, non poderá disputar o partido.

Duración dos partidos

· Os partidos disputaranse en dous tempos de vinte minutos a tempo corrido.
· Entre cada período concederase un descanso que non excederá dos dous minutos.
· O tempo de xogo so poderá ser detido única e exclusivamente a criterio do árbitro do encontro. A mesa non terá autoridade para deter o cronometro.
· Cada equipo disporá dun tempo morto de 40 segundos en cada período.


Saque de saída

· Realizase ó inicio do xogo en cada un dos tempos do partido, tras a consecución de un gol por algún dos equipos ou comezo da prórroga si fose o caso.
· Pódese marcar gol directamente no saque de saída.
· No saque de saída todos os xogadores deben atoparse no seu propio campo.
· Os xogadores do equipo contrario a aquel que efectúe o saque de saída, deben situarse ó menos a 3 metros do balón ata que este entre en xogo.
· O saque de saída efectuase dende o centro do campo, e para que o balón estea en xogo o balón será xogado cara adiante.
· O xogador que efectúa o saque non poderá volver a tocar o balón antes de que non sexa tocado por algún outro xogador.

Saque de banda

· Concederase saque de banda cando o balón traspase na súa totalidade a liña de banda, sexa por terra ou por aire, ou si o balón toca no teito do polideportivo.
· O saque farase dende o punto por onde balón supera a liña de banda.
· O balón deberá permanecer inmóbil sobre a liña de banda.
· Sacarase co pé, sempre cara o interior da superficie de xogo.
· O xogador que executa o saque terá sempre un pé sobre a liña de banda ou no exterior da superficie de xogo no momento de efectuar o saque. Disporá dun tempo máximo de catro segundos para efectuar o saque.
· Os xogadores de equipo contrario manterán unha distancia mínima de 5 metros dende o punto onde se efectúa o saque de banda.
· Non se poderá anotar un gol directamente de saque banda.
· Para conceder gol despois dun saque de banda, o balón debe tocar obrigatoriamente nun xogador de campo excepto o porteiro contrario.

Saque de meta

· Concederase saque de meta cando o balón traspase na súa totalidade a liña de meta, ben sexa por terra ou aire, cando toca por última vez o balón un xogador do equipo atacante.
· O saque de meta deberá realizalo o porteiro, sempre coas mans dende calquera punto da área de penal.
· O balón non está en xogo ata que sae fora da área.
· Os xogadores do equipo contrario deberán permanecer fora da área mentres o porteiro realiza o saque de meta.
· Non se pode anotar un gol directamente de saque de meta.


Saque de esquina

· Concedese saque de esquina cando o balón traspase na súa totalidade a liña de meta, por terra ou aire, despois de tocar por última vez o balón un xogador do equipo defensor.
· Para realizar o saque de esquina o balón debe situarse na esquina de campo mais cercana o lado polo que sae o balón do campo.
· O saque de esquina realizarase co pe por un xogador do equipo atacante.
· O xogador que executa o saque terá sempre un pé sobre a liña ou no exterior da superficie de xogo no momento de efectuar o saque. Disporá dun tempo máximo de catro segundos para efectuar o saque.
· Vale gol directo de saque de esquina.


Tiro libre directo

Concederase tiro libre directo ó equipo adversario si un xogador comete algunha das seguintes infraccións de unha maneira que os árbitros xulguen imprudente, temeraria o con uso dunha forza excesiva:

· Dar ou intentar dar unha patada a un adversario.
· Zancadillear ou intentar zancadillear a un contrario.
· Saltar sobre un adversario.
· Cargar contra un adversario.
· Golpear ou intentar golpear a un adversario.
· Empurrar a un adversario.
· Agarrar a un adversario.
· Escupir a un adversario.
· Deslizarse para tratar de xogar o balón cando está sendo xogado ou vai ser xogado por un adversario (entrar deslizándose cos pes). Esta infracción aplicase o gardameta dentro da súa propia área de penal solo cando poña en perigo a integridade física dun adversario.
· Xogar o balón, levalo, golpealo, lanzalo…. etc coa man ou co brazo (Excepto o gardameta dentro da súa propia área de penal)

O tiro libre directo lanzarase dende o lugar onde foi cometida a infracción. Concederase tiro de penalti si un xogador comete unha das infraccións mencionadas anteriormente dentro da súa propia área de penalti, independentemente da posición do balón e sempre que estea o balón en xogo. Para realizar a execución dun tiro libre directo, o balón deberá estar inmóbil cando se realiza o tiro, e o executante non poderá volver a tocar o balón mentres non sexa tocado por outro xogador. Concedese gol si o balón se introduce directamente na meta contraria. Os adversarios deben manter unha distancia mínima de 5 metros co balón ata que este entre en xogo. O balón entra en xogo tan pronto como sexa tocado por algún xogador do equipo executante.
Todas as infraccións anteriormente mencionadas son FALTAS ACUMULATIVAS.

Tiro libre indirecto

Para realizar a execución dun tiro libre indirecto, o balón deberá estar inmóbil cando se realiza o tiro, e o executante non poderá volver a tocar o balón mentres non sexa tocado por outro xogador. Solo se concederá gol si o balón é tocado por outro xogador antes de entrar na meta. Os adversarios deben manter unha distancia mínima de 5 metros co balón ata que este entre en xogo. O balón entra en xogo tan pronto como sexa tocado por algún xogador do equipo executante. Concedese tiro libre indirecto ó equipo adversario si o gardameta comete unha das seguintes infraccións:

· Tras despexar o balón, recíbeo dun compañeiro sen que o balón supere primeiro a liña de medio campo ou sen que sexa tocado por un xogador adversario.
· Toca ou controla cas mans o balón pasado deliberadamente co pé por un compañeiro.
· Toca ou controla cas mans un balón que un compañeiro lle pasa directamente de saque de banda.
· Toca ou controla o balón cas mans ou cos pes na súa propia metade de superficie de xogo durante máis de catro segundos.

De igual modo, concederase un tiro libre indirecto ó equipo adversario, que se lanzará dende onde se comete a infracción, si o árbitro xulga que un xogador:

· Xoga de forma perigosa.
· Obstaculiza o avance dun adversario.
· Impide o saque do porteiro.
· Comete calquera outra infracción que non fose mencionada anteriormente, pola cal o xogo é interrompido para amoestar ou expulsar a un xogador.

Infraccións sancións de tiro libre directo/indirecto

· Si ó executar un tiro libre un adversario non respecta a distancia regramentaria, repetirase o tiro, e este será amoestado.
· Si o balón está en xogo e o executor do tiro toca o balón por segunda vez sen que este fose tocado por outro xogador, concederase un tiro libre indirecto ó equipo contrario.
· Si o equipo executor demora o saque mais de 4 segundos, os árbitros sinalarán un tiro libre indirecto a favor do equipo contrario.

Sinais arbitrais

· Tiro libre directo: O árbitro sinalará o tiro libre directo mantendo o brazo levantado horizontalmente e sinalando a dirección na que debe ser lanzado o tiro libre. Co dedo índice da outra man sinalará o lugar onde se comete a infracción de maneira que quede claro que se trata dunha falta acumulativa.
· Tiro libre indirecto: O árbitro sinalará o tiro libre indirecto levantando un brazo de forma vertical e por encima da súa cabeza, mantendo nesa posición ata que se execute o tiro e o balón sexa tocado ou xogado por outro xogador.

Posición no tiro libre

Nas cinco primeiras faltas acumuladas por cada equipo en cada período:

· Unha barreira de xogadores do equipo contrario poderá defender os tiros libres.
· Os adversarios deberán atoparse ó menos a 5 metros do balón.
A partir da sexta falta acumulada por cada equipo en cada período:

· Os xogadores do equipo defensor non poderán formar unha barreira para defender os tiros libres.
· O executor do tiro estará debidamente identificado.
· O gardameta permanecerá na súa área ou a unha distancia do balón de cinco metros como mínimo.
· Os xogadores permanecerán na superficie de xogo, detrás dunha liña imaxinaria alineada co balón, paralela á liña de meta e fora da área de penalti, e a unha distancia de 5 metros do balón. Ningún xogador poderá cruzar dita liña imaxinaria ata que o balón sexa golpeado.

Execución da sexta falta e seguintes faltas acumuladas. DOBRE PENALTI

· O executor do tiro libre deberá lanzar ca intención de marcar gol, NON poderá realizar pase a outro compañeiro.
· Despois do tiro libre ningún xogador pode tocar o balón ata que sexa tocado polo gardameta defensor, rebote nun dos postes ou no travesaño.
· Si un xogador comete a sexta falta na metade da superficie de xogo do equipo contrario ou dentro da súa propia metade, entra a liña de medio campo e o segundo punto de penal, o tiro libre lanzarase dende o segundo punto de penalti.
· Si un xogador comete a sexta falta na metade da superficie de xogo propia, a partir do punto de dobre penalti ata a liña de meta, o equipo atacante decidirá si lanza o tiro libre dende o segundo punto de penalti ou dende o lugar onde se cometeu a infracción.
· Permítese tempo adicional para executar o tiro libre directo ó final de cada período.

PENALTI

Concederase penalti contra o equipo que comete algunha das infraccións sancionables con un tiro libre directo dentro da súa propia área de penalti mentres o balón este en xogo.
Pódese marcar un gol directamente de tiro de penalti. Concederase tempo adicional para poder executar un tiro de penalti ó final de cada período.

· O balón colocarase no punto de penalti.
· O executor debe estar debidamente identificado.
· O gardameta defensor deberá permanecer sobre a súa propia liña de meta, fronte o executor do tiro e entre os postes da meta, ata que o balón entre en xogo.
· Os xogadores, excepto o executor do tiro, estarán ubicados na superficie de xogo, fora da área de penalti, e a un mínimo de cinco metros cara atrás.
· O executor do tiro golpeará o balón cara adiante, e non volverá a xogar o balón ata que este toque a outro xogador.

Infraccións sancionables cunha amoestación

· Ser culpable de conduta antideportiva.
· Desaprobar con palabras ou accións as decisións arbitrais.
· Infrinxir persistentemente as regras do xogo.
· Retrasar deliberadamente a reanudación do xogo.
· Non respectar a distancia reglamentaria nun saque de esquina, saque de banda, tiro libre ou saque de meta.
· Entrar ou volver entrar na superficie de xogo sen o permiso arbitral.
· Non realizar a sustitución adecuadamente.
· Abandoar deliberadamente a superficie de xogo sen o permiso dos árbitros.
· Escupir na pista.



Infraccións sancionables cunha expulsión

· Ser culpable de xogo brusco grave.
· Ser culpable de conduta violenta.
· Escupir a un adversario ou a calquera outra persoa.
· Impedir ca man intencionadamente un gol, ou malograr unha oportunidade manifesta de gol (salvo o gardameta dentro da súa propia área de penal).
· Malograr unha oportunidade manifesta de gol de un adversario que se dirixe cara a meta.
· Empregar linguaxe ou xesticular de maneira ofensiva, groseira ou obscena.
· Recibir unha segunda amoestación nun mesmo partido.

Un xogador expulsado non poderá volver a xogar nin sentarse no banco dos xogadores sustitutos, tendo que abandoar os arredores da superficie de xogo. (Sentarse na grada)
Un xogador poderá sustituir ó xogador expulsado e entrar na superficie de xogo unha ve transcorridos dous minutos efectivos de xogo despois da expulsión, sempre que conte ca autorización do cronometrador, salvo si se marca un gol antes de que transcorran os dous minutos, caso no que se aplicarán as seguintes regras:

· Si cinco xogadores se enfrontan a catro e o equipo en superioridade numérica marca un gol, poderase completar o equipo de 4 xogadores.
· Si ambos equipos están con 4 xogadores e marcase un gol, ambos equipos manterán o mesmo número de xogadores.
· Si cinco xogadores se enfrontan a tres, ou catro xogadores a tres, e o equipo en inferioridade numérica marca un gol, poderase engadir un xogador ó equipo con tres xogadores.
· Si ambos equipos están con tres xogadores e marcase un gol, ambos equipos manterán o mesmo número de xogadores.
· Si un equipo en inferioridade numérica marca un gol, continuarase o xogo sen alterar o número de xogadores.


OUTRAS DISPOSICIÓNS

Xogo brusco grave: Un xogador será culpable de xogo brusco grave si emprega unha forza excesiva ou brutalidade contra o seu adversario no momento de disputar o balón en xogo.

Conduta violenta: A conduta violenta pode ocorrer dentro ou fora da superficie de xogo, estando o balón ou non en xogo. Un xogador será culpable de conduta violenta si emprega unha forza excesiva ou brutalidade contra un rival.

Infraccións contra o porteiro:
· É infracción si un xogador impide o gardameta lanzar, sacar o soltar o balón das mans.
· Sancionarase a un xogador con xogo perigoso si xoga co pe o balón cando o gardameta está sacando cas mans.
· É infracción restrinxir os movementos do gardameta de forma antideportiva durante a un saque de banda ou esquina.

Cubrir o balón: Si un xogador impide que un adversario poda quitarlle o balón utilizando as mans, brazos, pernas ou corpo de forma antirreglamentaria, será sancionado con un tiro libre directo.

Chilena: permítese a chilena sempre e cando, en opinión do árbitro, non constitúa unha acción perigosa para un adversario.

Mano intencionada: Castigase con tiro libre directo. Será amoestado o xogador infractor. Expulsarase cando con esta acción impida un gol ou malogre unha oportunidade manifesta de gol.

Aplicación da vantaxe: Os árbitros deberán procurar aplicar a vantaxe para dar fluidez o xogo, sempre e cando non prexudique ó equipo contra o que se comete a infracción. Cando un equipo suma cinco faltas acumulativas e comete unha falta sancionable con tiro libre directo, excepto en ocasión manifesta de gol, non se aplica a lei da vantaxe.

Simulación: Todo xogador que intente enganar ós árbitros simulando lesión o pretendendo finxir ser obxecto dunha infracción será culpable de simulación. Será amoestado por conduta antideportiva.

Celebración de gol: Por mais que este permitido que os xogadores expresen a súa alegría cando marcan un gol, a celebración non deberá ser excesiva, nin dirixida ó equipo contrario. Un xogador en tales circunstancias será amoestado si:
· Fai xestos provocadores, irrisorios ou exaltados.
· Abandona a superficie de xogo e accede a zoa onde se atopa o público para celebrar un gol.
· Quita a camiseta por encima da súa cabeza, ou cubre a cabeza ca camiseta.

Xoiería: Todos os artículos de xoiería son potencialmente perigosos. Non se permite xogar con aneis, pendentes, pulseras, reloxos….. etc nin utilizar esparadrapo para cubrilos.



SANCIÓNS

· A expulsión por dobre amonestación será castigada con un partido de sanción.

. A acumulación de tres tarxetas amarelas será castigada con un partido de sanción.

. Lembrar ós equipos, que este ano os cartóns levan consigo unha multa económica de 1€ o amarelo e 2€ o vermello. Cos cartos destas sancións crearase un fondo para pagar a inscrición da tempada que ven dos equipos mais deportivos desta tempada.

· Outras sancións:

o Por insultos, menosprecio ós árbitros, mesas, adversarios, público etc…. Entre 1 e 4 partidos.
o Por intento de agresión entre 2 e 6 partidos.
o Por agresión mínimo de 3 partidos.
o Por maltrato das instalacións deportivas:
§ Mínimo de 2 partidos en caso de tratarse dun xogador en concreto.
§ Posible sanción deportiva e económica ó equipo infractor.



O comité de competición reunirase todos os luns, día no que se publicarán todas as decisións acordadas no tablón de anuncios do Polideportivo Municipal do Conchido (Serra de Outes), nas direccións de correo electrónico dos diferentes equipos, así como na seguinte dirección web,www.ligafutbolsalaoutes.blogspot.com

Os recursos contra as decisións acordadas polo comité de competición deberanse presentar por escrito no Polideportivo Municipal do Conchido (Serra de Outes) antes das 22:00 horas do Mércores seguinte a reunión do comité, acompañado de 5 € que se devolverán en caso de que prospere o recurso.




TODAS AS SITUACIÓNS QUE NON QUEDEN REFLEXADAS NESTAS NORMAS REXIRANSE POLO REGLAMENTO DA LIGA NACIONAL DE FÚTBOL-SALA EDITADO NO ANO 2005.

No hay comentarios:

Publicar un comentario